Galego | Castellano | English
Susana Seivane Susana Seivane
Ir a tienda
Compartir:

Livre do'r

2005

Ajouter un message



  1. papeiro dice:

    Podo estar de acordo (que o estou) ou en desacordo, pero creo que con estrelas en Galicia que se atreveran a falar así de claro, OUTRO VOTO CANTARÍA, perdón, "galo".

    Ghaiiiiitteeeeeiraaaaaa !!!

  2. andrés dice:

    Holaaaa Susana!!

    T escribo de italia, n lo crees verdad? Pero es asi y conozco tu musica y muchos gaiteros del norte de Espana que como tu me hacen adorar espana!

    No pensaste nunca ir a Italia? Aqui falta buena musica como la tuya, piensa que me gustaria tmb tocar gaita!!!!!Uffff, ojala!

    Seria fantastico verte y conocerte un dia,porque mi musica preferida es la musica de alli! jeje!

    Besos de italia y viva galicia, asturias y todos los gaiteros del mundo! Sobretodo Viva SusanA! jejej

  3. Boas a todos!
    En primeiro lugar quería darvos as gracias ós que me escribides polo querida que me facedes sentir. Moitas gracias de verdade, sodes o meu maior apoio para seguir aí.
    En segundo lugar, quería expoñervos o meu parecer neste “medio foro” que, sen pretendelo, así se ten convertido, e é que vexo que andades algo revoltos co tema das gaitas marciais, ou cos “marcianitos”, como dicides vos.

    Dende os comezos de toda a polémica das gaitas marciais, tanto a miña familia coma eu mesma, estivemos en contra. A nosa oposición foi sempre clara e rotunda. A min encántanme as gaitas escocesas, pero as de verdade; as bandas escocesas son algo que impresiona escoitar e respecto enormemente esa música e esa cultura do mesmo xeito que respecto todas as demais. O gran problema que aconteceu en Galicia, ó meu parecer, foi que, un bo día, chegou alguén que viu un “mega negocio” con cartos de subvencións pretendendo imitar a aquela cultura. A min isto non me parece ético e dáme moita pena porque os galegos deberíamos de estar orgullosos e concienciados de ter unha música e unha cultura nosas que non teñen por que parecerse a outras (¿por que?, se o mellor que pode ter un pobo é unha identidade propia e xente comprometida que queira coidala). Eu teño moitos concertos fora de España e non vos podedes imaxinar a pena e a rabia que me da que me pregunten nalgunha entrevista: “se ti tocas a gaita galega, ¿por que non usas a mesma gaita que a Real Banda da Deputación de Ourense? Automáticamente, a miña resposta é o posicionamento sabendo que, por isto, pode estar en perigo o meu pan de cada día en Galiza. Ó mellor esta é a razón pola que outros artistas non se mollan, pero eu estou convencida de que, na vida, temos que loitar polos nosos ideais e defender o que cremos e queremos.

    Son da opinión de que cada quen pode tocar o instrumento que queira –eu, por exemplo, non só toco a gaita- pero cando se trata da nosa cultura, da nosa música e, en definitiva, da nosa identidade, non quero que se destinen cartos dos meus impostos a unha xente que non está facendo nada por manter a nosa tradición, todo o contrario, están tratando de conseguir que se extinga. Se isto segue así e ninguén se opón, pode que, dentro de 100 anos, a gaita que se toque en Galiza sexa ese híbrido que nin é galego nin escocés (os propios escoceses rinse deste invento e non entenden o que pasa). O que máis me doe é que todas estas bandas viaxan por todo o mundo e “venden” o que fan como “galego”. De repente a miña cabeza énchese de demasiadas preguntas que ninguén me contesta: ¿Dende cando se tocaron esas gaitas en Galiza? ¿Dende cando se tocou esa percusión e con eses malabarismos? ¿Dende cando os gaiteiros desfilaron militarmente? ¿Dende cando existiu “o bastón de mando” nunha banda de gaitas galega? ¿Dende cando un gaiteiro non sorrí, que é o máis bonito que hai no mundo?

    Eu sei que moitos dos meus admiradores son membros de bandas que levan esa “política”, e creo que entenden perfectamente o meu posicionamento. Penso que tamén saben que non estou a meterme con eles senón directamente có artífice de todo este movemento ó que todos coñecemos. É evidente que os máis dos rapaces que tocan nesas formacións non son, en absoluto, responsables deste asunto. Tamén é certo que hai outros que non saben ou non queren saber absolutamente nada do que pasa e, simplemente, cren que o deles é o que máis mola, mola viaxar, mola coñecer a xente mogollón de famosa, compoñerlles pezas…

    Vouvos contar unha anécdota: Teño un amigo que, para min, é un dos mellores gaiteiros de Galiza e do que non vou dicir o nome como non dixen ningún outro en todo o que levo escrito. Certo día, nun concurso no que tamén estaba unha banda marcial (non recordo cal), achegouse ó meu amigo de vinte e pico anos que toca con gaita tradicional, un neno duns 8 anos cunha gaita marcial e díxolle: “Cando eu empecei a tocar a gaita, tocaba cunha coma a túa, pero agora, como xa sei, toco coa Real, coa de verdade”. Non deixa de ser triste, non creedes?

    Tamén quería comentarvos por que colaboro coa Bagad de Kemper: simplemente porque me parece a mellor banda de gaitas de Bretaña, terra na que, por certo, estamos tendo moitísimo éxito. Eu admíroos dende hai moitísimo tempo e, cando me convidaron a gravar con eles o seu último traballo discográfico, foi unha auténtica alegría para mín. Claro que esta banda utiliza gaitas escocesas, como todas as bandas en Bretaña, porque este instrumento está instaurado na súa música dende hai moitísimos anos. Son gaitas escocesas “de verdade”, e eles son conscientes diso e non a “venden” como bretona.

    E xa, para rematar, dicirvos que se quitarán da miña web, todas as mensaxes que falten ó respecto a alguén ou que, sobre todo, sexan unha calumnia deliberada. Isto é un libro de visitas, non un foro de debates. Evidentemente, que podedes entrar quen queira e dicir as vosas opinións, pero sempre dende o respecto e as boas maneiras. Moitas gracias a todos e vémonos nalgún dos meus concertos!

    Susana Seivane

  4. dice:

    EU, QUERIDISIMA NEGRA SOMBRA... NON SON POLITICO... SON UN CIDADÁN DE A PÉ...
    E PROTESTO ONDE TEÑO QUE PROTESTAR... NAS URNAS¡¡¡¡...

    "Hai que Botalos"

    www.haiquebotalos.com

  5. me lohe pasado genial el pasado verano en un concierto que has dado aquí, espero volver a verte,

    un besito

  6. Pois xa que eres tan "arrojante", e xa que tes tanta razón eleva a protesta a nivel de Institucions Públicas, denuncia o feito (xa que te sentes tan ofendido) e leva a tua razón ata as últimas consecuencias, no o fagas no foro dunha páxina web. Neste país moito esbardallar na taberna pero actuar "cero patatero". Así nos vai, con tanto "abojado de silveiras".

  7. gaiteiro dice:

    A min pareceme estupendo que unha artista que pode perder cartos dando ese tipo de opinions se molle e sexa fiel a sua forma de pensar independientemente das consecuencias que lle poida acarrexar.Pero eu sigo decindo o mesmo que dixen nuha mensaxe anterior,non entendo por qué os marcianos non valen e a Bagad Kemper si.De verdade que non é o meu ánimo incordiarte na tua propia casa Susana,pero para min os bagadou e as bandas marcianas son exactamente o mesmo movemento,so que uns lle levan os outros uns cantos anos....non sei,a min polo menos parecenme evidentes as similitudes...

  8. xurxo torres dice:

    Susi, aca xurxo de arxentina, queria decirte que buen concierto el de ortigueira, la verdad disfrute mucho verte tocar.

    Fui alumno de Sito Carracedo un tempo.

    Lastima que te casate amiga!!!!1 jajaj
    apertas y besos.

    xurxo

  9. Xan dice:

    Perdon Susaniña por darche a murga pero despois do dito por N.S., que mais se pode dicir...¡que es ben NEGHRAAA...!
    Tes razon muller¡¡... temos que deixar de facer gaitas con Gore-Tex e voltar á pel de cabrito e de paso facer as pezas con madeira dunha pereira e tocar a gaita cun taparabos prehistorico.... pero vamos a ver???...de qué estamos a falar???
    Que se usen madeiras distintas ás endóxenas ou que os texidos e formas do fol evolucionen hacia cousas máis cómodas e anátomicas TEN QUE VER CON QUE SEXAN OU NON SEXAN GALEGAS???
    "Ainda que a gaita galega se vista de seda galega se queda"...
    ¿¿acaso pensas que a gaita GALEGA non pode evolucionar???
    e por favorrrr...deixa de falar dos POBRIÑOS MARCIANOS que compran discos blablabla... que eiqui non temos NENOS BOSNIOS... (fora soberbias¡¡¡)
    Eiqui, por desgracia, TEMOS PAIS QUE LEVAN OS SEUS FILLOS ÁS ESCOLAS PUBLICAS DE GAITAS MARCIANAS porque "LO GRATIS ES MEJHORE"...precisamente a implantacion, en Pontevedra, deste tipo de escolas subencionadas pola deputacion con 90.000 Ouritos foi o que puxo en pé de gherra a toda Galiza e particularmente Susana tivo un comentario contra a implantación de este tipo de escolas na provincia de pontevedra nun programa de Radio moi coñecido... e non polo feito de ser escocesas, nin vestirse de Batman, eso da igual, que fagan o que queiran, que toquen o que queiran, que vistan como queiran PERO SIN DIÑEIRO PUBLICO...
    A ver si o entendes desta vez¡¡¡

  10. Sentidiño dice:

    Como vexo q xa empezas a descalificar,cousa q só fan os radicais, ou os q son uns "mandaos", vou cerrar a polémica e pedirche desculpas se te ofendín Negra Sombra, e se nomeei a Susana, foi xq ti estas a escribir na SÚA páxina, e non sei se coñeces a existencia de palabras como "contexto" ou "referencia". En tódolos casos, unha cousa mais,hai evolución e imposición,nadie está obrigado a compra-las gaitas de Seivane,pero si que moita xente non ten outra opción de aprender en Ourense q non sexa cunha gaita marcial. De tódalas maneiras cada un é quen de pensar como queira ainda q esté equivocado. Segue así Susana.

  11. eu dice:

    negra sombra,vaia nome con tal de non dar a cara,ai q peniña das marcianitoooooooooooooooooooo

  12. negra sombra dice:

    Home, pois se estás disposto encantariame terte de mozo. Eu nunca falei de ninguen en concreto, estaba repostando a Xan, pero xa que ti involucras o nome de Susana nas miñas referencias será por algo. Dende o momento que un "artista" ataca a un colectivo, ainda que sexa ó seu director, tamén está a atacar ós seus integrantes, e como dicia moitos deles son seguidores e compran os discos do artista en cuestión. Sen embargo outros ARTISTAS, ainda que teñan as suas opinios, teñen respeto para este tipo de formacions. E xa que falamos de marcianitos, pois que se deixen de usar nas nosas gaitas foles de GORE-TEX Made in Scotland, que carallo!, ou é que isto sí é tradicional. E ó respecto do da palabra ignorancia, vouna seguir utilizando con toda a liberdade que me pete, unicamente porque sei o que significa, cousa que ti non creo.

  13. Sentidiño dice:

    Primeiro de nada felicitarte Susana pola túa páxina e sobre todo pola túa música.

    En segundo lugar q a xente como Negra Sombra, q se faga un favor,q se busquen moza ou mozo e non teñan tanto tempo libre para decir cousas sen pes nen cabeza. Como se pode decir que un artista debe manterse neutral, na historia demostrouse sempre q se as cousas cambiaron foi por xente comprometida,coma Susana, q coida da NOSA tradición. Non sei onde lle oiches ti criticar ós rapaces que tocan na "real". Eu penso que ó único q se critica aquí é a un tipo coma Foxo que se está lucrando cunha mentira que se inventou de gaitas e marcialidades,cos cartos de todos. Así q amig@ Negra Sombra non utilices a palabra ignorancia tan a lixeira, e ten un pouco de respeto polos artistas q coidan o noso. Bicos e apertas a tódolos gaiteir@s.

  14. Aurélie dice:

    Je viens de découvrir ce site avec beaucoup de curiosité et j'ai drôlement hâte de vous voir en direct cet été à Bénodet.
    Félicitations et à bientôt!

  15. negra sombra dice:

    Seria bon que todos eses gaiterios ós que chaman "marcianitos" deixasen de mercar os discos, e deixase de ser seguidores destes "artistas" que, públicamente, disparan dardos envenenados contra eles. "Artistas" da ignorancia, porque musicalmente deixan de selo dende o momento que tiran dardos envenenados contra rapaciños que son admiradores deles. Coherencia e respeto.

  16. negra sombra dice:

    Ademais do que dixen na mensaxe anterioresquecin tamén dicir que os musicos que xa teñen unha traxectoria marcada, que teñen discos no mercado, deben de manter unha imaxe de neutralidade neste senso. Non é moi ético decantarse publicamente no tema dos marcianitos (que non quita que teñan as suas propias opinions), más que nada porque seguramente moitos deses que chaman marcianitos tamén compran os seus discos, disfrutan coa sua musica, e son seguidores. Por un respeto hacia esa xente hai que manter as formas e ser máis frios en comentarios. Por iso falo de respeto.

  17. Pat Antoine dice:

    je crois que ce site est à la hauteur de cette artiste.c'est vraiment très très bien et une bonne continuation. c'est vraiment de la super super musique. Merci à Susana Seivane

  18. murciafolk dice:

    Saludos a todos.
    Con motivo de las mil primeras visitas a www.murciafolk.com, vamos a sortear una copia del primer cd de Mondopétriz, de título homónimo.
    Para ello sólo hay que enviar un correo a miguelangelmartinez@murciafolk.com, indicando los datos personales (nombre y apellidos, dirección postal y teléfono de contacto). Entra en www.murciafolk.com/concursos.htm
    El ganador se conocerá el próximo sábado, día 4 de junio, y su nombre se publicará en murciafolk.
    Muchas gracias a Mondopétriz y Falcatruada por hacer posible éste sorteo. Espero y agradezco vuestra participación. Además, el disco realmente merece la pena.
    Saludos a todos
    Miguel Ángel Martínez.

    http://www.murciafolk.com
  19. Paz dice:

    Hola Susana, hace tiempo que te escuché por primera vez en Meira, soy da Ribeira de Piquin aunque estoy en Madrid desde hace mucho, de niña escuchaba a tu abuelo en su casa del Chao... todo el día dale que te pego y la verdad es que es de los recuerdos más bonitos. Espero seguir escuchando tu música mucho tiempo.

    Besiños

  20. Alejandro dice:

    Pues esto... yo soy medio gallego (Cebreiro, Lugo) - aunque viva en Barcelona y no haya aprendido aun el lindo gallego de mi madre- pero siento mucha morriña estar lejos de allá (muchos veranos pasados allá, entre bosques verdes). Y es que, bueno, me ha llegado mucho la musiquilla que usted toca, solo decirle eso. Siga manteniento viva la llama galaica con su gaita! ;)
    Un cordial saludo.

  21. Mogor dice:

    A miña tan querida e admirada Susana:
    Cando recibin novas da apertura dunha nova web túa non perdin tempo en visitala. Como xa teño os teus discos non puiden resistir a tentación de mercar unha das tuas camisetas. Esto non tería nada de particular senon fora polo feito de que hoxe cando a recibín atopei no interior ademais da consabida camiseta unha foto dedicada "con agarimo" do teu puño e letra. Detalliños así son os que fan distinguir non os artistas senon mesmo as persoas.
    Este pasará a miña particular colección de momentos de tenrura que gardo na miña memoria asociados a ti. Somentes superado pola sorpresa de atoparte no medio da xente que celebrabamos a noite vella do 2000 nunca casa rural de Cervo. Oir a tua gaita esa noite e ver de pertiño os teus ollos de gata, fan que lembre o que depois seria unha das peores epocas da miña vida cun gran sorriso.
    Graciñas por existir GAITEIRA!!!

  22. negra sombra dice:

    Ademais do que dixen na mensaxe anterioresquecin tamén dicir que os musicos que xa teñen unha traxectoria marcada, que teñen discos no mercado, deben de manter unha imaxe de neutralidade neste senso. Non é moi ético decantarse publicamente no tema dos marcianitos (que non quita que teñan as suas propias opinions), más que nada porque seguramente moitos deses que chaman marcianitos tamén compran os seus discos, disfrutan coa sua musica, e son seguidores. Por un respeto hacia esa xente hai que manter as formas e ser máis frios en comentarios. Por iso falo de respeto.

  23. Xan dice:

    ....mmm... eu non estou dacordo con negra sombra...
    Por suposto que hai que respetarse e quererse e amarse, todos vivimos no mesmo pequeno cacho de anaco de terrón... pero ¡arre carallo¡ a ignorancia é moi atrevida... basta xa de dicir que chove, cando mexan por nós...
    A palabra tradicio-anal non é tan ambigüa coma dis ti... (e seguro que non tan certa como penso eu) os cuartetos e quintetos poden parecerche un invento dun determinado momento historico, que perdurou ata os nosos dias... pero... eu preguntoche... a gaita galega tamen é un invento? a percusión galega tamén é un invento?...
    O que si que son un invento son as "bandas" con gaitas "non galegas" e percusión "non galega" , un invento basado no cinismo dalgún aproveitao que non ve o dano que lle fixo ó folklore ,e, no servilismo politico deste mesmo personaxe...
    Sin entrar na politica partidista e no MOITISIMO diñeiro publico que realmente é o que esconde este tema, ¿pois non pensaras que este invento das bandas é polo ben da cultura galega?... JA, JA, JA¡¡¡
    ... animote a escoitar unha gaita galega e unha gaita "non galega"... a ver si atopas as diferencias... despois TI DECIDES...polo galego ou polo non galego... Eu respetarei a TÚA decisión....

  24. Antes de nada decirche que eu non son deses que vos chamades "marcianitos", pero debo decirche algunha cousa. A palabra tradicional é algo moi ambiguo e abstracto, se nos poñemos puritanos enton os cuartetos e quintetos tampouco son algo tradicional no puro senso da palabra, é por así decilo un invento de fai "alguns aniños". Non podes ir en contra dun mundo que cada vez vai a máis velocidade, cada vez se atopa máis globalizado. Outra cousa é a equidade e a eficiencia no reparto de subvencions públicas, que non cho discuto, pero non creo que leven máis cartos polo feito de ser como dicides "marcianos". Hai que intentar ter un pouco máis de respeto.

  25. gaiteiro dice:

    UFFF...non me malinterpretes,eu non son marciano :).Eu so digo,e seguindo a liña dos teus argumentos que a Bagad Kemper tamén representa a breizh,toca baixo bandeira bretona (coma os barcos :)...),e sen embargo tocan gaitas escocesas,pero escocesas escocesas de verdade,non imitadas :),levan baterias americanas,tambores,tocan hornipipes escoceses,marchas escocesas...e pódoche asegurar que levan tanto ou máis subvencións das que levan aquí os marcianitos.Nada mais,so digo que non vexo tanta diferencia entre uns e outros.

[1-25] [26-50] [51-75] [76-100] [101-125] [126-150] [151-164]

Année:
2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018

Ajouter un message

© 2018 Susana Seivane.