Castellano | English | Français
Susana Seivane Susana Seivane
Ir a tienda
Compartir:

Hemeroteca

  • Segue a trepidante xira 2007!

    Susana Seivane de novo en Sur América!

    O próximo día 6 de agosto, Susana Seivane e a súa banda voltarán cruzar o charco. A cita será no mítico Teatro Avenida de Bós Aires, onde Susana e os seus músicos xa actuaran no 2003. O motivo do concerto é a visita da Vicepresidenta do Goberno doña María Teresa Fernández de la Vega ó país. Nada máis rematar o concerto, dirixiránse ó aeroporto para coller o último vóo da noite de regreso a casa, xa que o día 10 de Agosto a cita é na Praza de Galicia de Boiro, concerto enmarcado no programa "Vai de Camiño" que organiza o Xacobeo. Despois deste concerto, ó día seguinte pola mañá toca coller outro avión, esta vez para Crozón (Francia), onde Susana Seivane xunto coa Bagad de Kemper farán o seu espectáculo Sud ar Su no Festival du Bout du Monde. Ó día seguinte, día 12 de agosto, voltarán ó Festival de la Danse Bretone et de la Saint Loup, en Guingamp (Francia) onde xa estivo coa súa banda colleitando moito éxitos de crítica e público levaron á organización a que a volveran a requerir neste festival tan só dous anos despois. Seguimos en ruta!

    Leer más
  • Continúa a xira de Susana Seivane!

    A próxima cita será o 19 de Xullo en Madrid, na Casa Galicia, festexando o día de Galicia en Madrid. O día 20 vémonos en Arzúa onde compartirá noite có Colectivo de Música Tradicional Ruote, nun espectáculo enmarcado no programa do Xacobeo "Vai de Camiño". Continuará a súa andaina o día 21 no bar "Sala the Star" en Carral, onde teremos a oportunidade de ver a unha Susana Seivane cun espectáculo moito máis familiar e intimista do que nos ten acostumados. Non o podes perder! E á cita que, sen dúbida, debes asistir é a que terá lugar o 25 de Xullo, será na Praza da Quintana, en Santiago de Compostela, dentro do Programa das Festas que organiza o Concello. Teremos ocasión de ver un dos soños cumplidos de Susana, xa que por motivos de traballo de anteriores anos, ésta será a primeira vez que a encantadora e máxica praza reciba o espectáculo desta artista que está colleitando excelentes críticas na súa xira 2007 ó longo de todos os países e festivais que ten visitado no que levamos de ano. E finalizamos o mes de Xullo no mítico Festival Castillo de L’Aínsa, Huesca, onde 8 anos despois Susana Seivane volverá visitar este fermoso esceario. Vémonos en ruta!

    Leer más
  • Imaxes da Xira 2007

    En plena Xira 2007 xa podemos ofrecer imaxes da nosa Susana no Festival Cantabria Infinita e na Xornada Europeísta celebrada no Pazo de Trasalba. Continuamos de xira en Madrid, Arzúa, Carral e Santiago.

    Leer más
  • Susana Seivane cruza o charco de novo!

    Xa falta menos! En tan só unhas horas, Susana Seivane disporáse a continuar a súa xira 2007 cruzando o charco unha vez máis. Comezando o tour con grandes eloxios de prensa e público no Festival Celta de Vícar (Almería), seguido do Festival Internotes, en Cébazat (Francia) e hai uns días no Festival Les Irlandays en Juvisy sur Orge (Francia), desta volta visitará có seu espectáculo as cidades de Montevideo e Bós Aires os días 24 e 25 de marzo respectivamente. Os concertos están enmarcados no ciclo “Música Galega no Río da Prata”, organizado pola Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia. Para máis información sobre os lugares, invitacións, horarios, etc.: secretaria@xeitonovo.org.ar. Se podes ir, non perdas este grande acontecemento, haberá moitas sorpresas!

    Leer más
[1-5]

Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018
© 2018 Susana Seivane.