Castellano | English | Français
Susana Seivane Susana Seivane
Ir a tienda
Compartir:

Hemeroteca

  • Susana Seivane galardoada con Premio Xarmenta da lingua galega.

    A Asociación berciana “Xarmenta” concedeu, nesta a súa cuarta edición, o premio Xarmenta a Susana Seivane. pola súa labor na defensa e utilización do galego. Susana valora e comparte esta distinción con tódalas mulleres, en especial as bercianas, que son as principais artífices da transmisión do galego aos seus fillos. O premio será entregado nunha gala que se celebrará no Teatro Bergidum de Ponferrada o vindeiro 15 de Xaneiro. Nela tamén actuará o grupo Aira da Pedra que comparte o mesmo premio, na categoría de Institución, ca banda de gaitas de Vilafranca. Tanto Susana e a súa banda como Aira da Pedra actuarán en dita gala na compaña do mago Richard e Anxo Rei.

    Leer más
  • As túas fotos antigas no novo disco de Susana Seivane.

    Durante o mes de xaneiro, Susana Seivane vai comezar a gravación do seu cuarto traballo discográfico. 'Os soños que volven', que así se vai titular, nace como unha homenaxe ás pezas ‘de toda a vida’ que Susana tocaba na súa infancia, e que agora recrea desde unha nova perspectiva revestidas con arranxos contemporáneos e atrevidos. Se queres participar con Susana na creación da cuberta, podes enviarnos as túas fotos antigas que han servir de base para o deseño e serán imprimidas na portada e na contra portada. Poden ser de calquera temática, en branco e negro ou cor, pero que fosen sacadas antes dos anos 80. Podes mandalas escaneadas a 300 ppp a info@susanaseivane.com ata fin de ano. Esperamos a túa colaboración!!!

    Leer más
  • O acto principal será o descubrimento dun busto e unha exposición retrospectiva sobre homenaxeado.

    Homenaxe a Xosé Manuel Seivane Rivas.

    A Asociación Recunchos de Ribeira de Piquín organiza, o sábado 9 de agosto de 2008, unha festa-homenaxe a Xosé Manuel Seivane Rivas no Chao de Pousadoiro, lugar onde tivo a afincado o seu obradoiro durante máis de 50 anos. Os actos comezarán ás 10:30 da mañá e sucederanse durante todo o día para rematar cun concerto de Susana Seivane, unha sesión de fogos de artificio e unha verbena. Celebrarase un xantar e unha cea para os que previamente deben retirarse invitacións nos teléfonos 653 720 232 ou 616 474 942. O pregón está ao cargo de Susana Seivane. A familia Seivane quere agradecer de xeito público esta deferencia á Asociación Recunchos de Ribeira de Piquín e a todas as persoas e entidades que colaboran no evento.

    Leer más
  • Comeza a súa xira europea.

    Susana 2008

    Metidos xa de cheo no 2008, Susana Seivane ven de comezar a súa xira europea. Les Nuits Celt'Istres en Istres, Francia e o festival Trad-it en Holanda foron as súas dúas primeiras viaxes nas que acadou un grande éxito. En breve volverá a Francia para o Festival des Cultures de Montagne o cartel do cal podedes ver na foto. Europa segue querendo a Susana.

    Leer más
[1-5]

Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018
© 2018 Susana Seivane.