Castellano | English | Français
Susana Seivane Susana Seivane
Ir a tienda
Compartir:

Hemeroteca

  • Susana Seivane a carón das iniciativas por un mundo mellor

    Susana Seivane celebra o Nadal apoiando as boas causas

    Este venres 3 de novembro, ás 12:00, Susana Seivane actuará no acto inaugural do Foro Mundial de Educación para a Paz, que se desenvolverá no paraninfo da USC. O Foro 2010 é un gran contedor de eventos e actividades a nivel mundial que xiran ao redor da Cultura da Paz, celébrase en Santiago de Compostela do 3 ao 30 de decembro. O venres 10 de decembro, ás 20:00, Susana Seivane estará na IV Gala Solidaria de “Tierra de Hombres”, no auditorio da Fundación Caixa Galicia, no Cantón Grande da Coruña. Esta fundación promove o desenrolo da infancia, defendendo os seus dereitos, sen discriminación algunha de orden político, racial, confesional ou de xénero. E o xoves, 16 de decembro no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, ás 20:30 Susana Seivane actuará no concerto benéfico que organiza a Institución Padre Rubinos a favor de persoas sen recursos. Igual que Susana, apoiemos estas iniciativas!

    Leer más
  • Concerto cos Limones no Playa Club da Coruña, 19 novembro, ás 24:00.

    Susana Seivane solidaria e con amigos

    Susana Seivane plantará hoxe xoves 18 de novembro, a primeira árbore polo párkinson na provincia de Pontevedra. A Federación Española de Párkinson e a Asociación Párkinson de Galicia-Bueu, en colaboración co Programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente, inaugurarán a acción de plantemos unha árbore polo párkinson. Unha iniciativa que busca potenciar a integración social de quenes conviven coa enfermidade. O programa repetirase en trinta e tres puntos de España co obxectivo de dar máis visibilidade a esta enfermidade. E mañá venres, 19 de novembro, Susana Seivane actuará cos seus amigos Los Limones no Playa Club da Coruña, ás 24.00h, será unha gran festa que non podes perder!

    Leer más
  • Susana Seivane en concerto en Teatros e Salas de España

    Xira de Outono

    O vindeiro venres 22 de outubro no Teatro Arbolé de Zaragoza, arranca a xira outonal de Susana Seivane, que a levará o xoves 4 de novembro pola Sala Clamores de Madrid e o sábado 6 de novembro pola Sala La Vaca en Ponferrada. Segue a Susana Seivane en concerto e desfruta da súa gaita e voz en directo!

    Leer más
  • Gala Presentación do Proxecto "Quero Ser"

    Susana Seivane solidaria

    A Asociación ASPANAS, de pais a favor de persoas con discapacidade intelectual, presentará o vindeiro 14 de outubro, o Proxecto “Quero Ser”, unha colección de complementos elaborados artesanalmente con materiais reciclados, por persoas con discapacidade intelectual. A gala presentación será no Auditorio Municipal de Ourense, ás 20:00. Susana Seivane, entre outros artistas, participará no acto dando o seu apoio a esta iniciativa. Podes recoller a túa invitación no Auditorio Municipal de Ourense, na sede de ASPANAS, no Punto de Información de Outariz ou en Cadena 100. Esperámoste!

    Leer más
  • Sorpresa de última hora!

    Susana Seivane no San Froilán

    Tras a anulación do concerto que Buika tiña previsto hoxe en Lugo, con motivo das festas do San Froilán, Susana e a súa banda actuarán na Praza de Santa María, a partir das 20:30. Vémonos alí!

    Leer más
[1-5] [6-10] [11-15] [16-20] [21-21]

Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018 · 2019 · 2020 · 2021 · 2022 · 2023 · 2024
© 2024 Susana Seivane.