Castellano | English | Français
Susana Seivane Susana Seivane
Ir a tienda
Compartir:

Hemeroteca

  • E na Gala da Cadena Ser en Santiago

    Susana Seivane na I Gala Benéfica contra o Cancro en Ourense

    Hoxe xoves, ás 20:00, no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, celébrase a “Gala 80 aniversario de Radio Galicia Cadena Ser Premios Serenidade” onde a gaiteira Susana Seivane subirá ao escenario a tocar unhas pezas. E este sábado día 21, ás 20:30, empeza a I Gala Benéfica contra o Cancro no Auditorio Municipal de Ourense, onde actuará a gaiteira xunto con outros artistas invitados. Esta iniciativa organizada pola Asociación Cultural As Canellas e a produtora Claqueta Coqueta, doará a recadación das entradas á "Asociación Española contra el Cáncer". O prezo da entrada son 5 euros na venta anticipada na sede da Asociación do Cancro e 8 euros na taquilla, ademáis da fila cero, para os que queiran colaborar sen asistir á gala. Susana Seivane celebra o Nadal apoiando unha boa causa.

    Leer más
  • Susana Seivane na Televisión de Galicia

    Esta fin de semana, como cada venres, Susana Seivane participa como membro do xurado do concurso Vai de Gaita do Programa Luar da TVG. E, ademáis, a nosa querida gaiteira estará o sábado na TVG nunha sorpresa televisiva moi especial no programa Desexos Cumpridos... Non vos despeguedes do televisor para desvelala porque non podemos avanzarvos nada! Ollade e escoitade á fermosa musa da gaita galega!

    Leer más
  • Susana Seivane na homenaxe ao gaiteiro Santiago Caneiro

    Será este domingo día 20, ás 19 da tarde, no Pazo da Cultura de Narón. Esta homenaxe está organizada polo Padroado de Cultura do Concello de Narón en colaboración coa Asociación de Gaiteiros Galegos, da que é presidente. A entrada é de balde previa recollida de invitacións. Os 35 anos traballando pola nosa música e a nosa cultura ben o merecen! Vémonos alí!

    Leer más
  • Susana Seivane na Televisión e Radio Galega en outono!

    Olla e escoita a Susana Seivane!

    Todos os venres á noite no programa Luar da Televisión de Galicia, Susana Seivane formará parte do xurado do concurso "Vai de Gaita", que comeza hoxe, a gaiteira afronta esta responsabilidade con moita ilusión. Así mesmo, todos os luns pola mañá, participa como colaboradora nunha amena sección de deportes no programa "Galicia por Diante" da Radio Galega. Ollade e escoitade a gaiteira feiticeira, toda unha delicia!

    Leer más
  • Último concerto do verán da gaiteira!

    Susana Seivane en Cabral, Vigo

    A tempada estival de concertos da musa da gaita galega acaba como non podía ser mellor, en Galicia e compartindo escenario cos seus amigos de Noitarega e Musical Moxenas. A noite do 13 de setembro será unha noite máxica para o folk galego, na Festa das Dolores de Cabral, en Vigo. Un deleite para os amantes da música tradicional galega. E o outono comeza cargado de novos e apaixoantes proxectos para a gaiteira que vos iremos contando pouco a pouco.

    Leer más
[1-5] [6-10]

Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018
© 2018 Susana Seivane.