Castellano | English | Français
Susana Seivane Susana Seivane
Ir a tienda
Compartir:

Hemeroteca

  • Concertos en Santiago, Allariz, Lugo e Melide

    Adianto do próximo disco de Susana Seivane!

    A recoñecida gaiteira Susana Seivane está a piques de estrenar novo disco! Estas son as primeiras datas do ano 2015. Onde por primeira vez tocará temas do seu próximo disco, especialmente adicado aos nenos, xunto cos éxitos da súa discografía. Tedes que ver este adianto tan especial, non podedes perder esta oportunidade. 10 de xaneiro 2015, Sala Capitol, Santiago 17 de xaneiro 2015, Pub Gatos, Melide 14 de febreiro 2015, Café Bar Cultural Roi Xordo, Allariz 28 de febreiro 2015, Club Clavicémbalo, Lugo Xa están á venda as primeiras entradas. Iremos publicando os enlaces para a compra das demáis entradas, acompañádenos, estamosvos esperando!

    Leer más
  • 27 de novembro, O Couto, Ponteceso, A Coruña

    Premio “Bos e Xenerosos” para Susana Seivane

    Onte a tarde no Couto en Ponteceso, a Fundación Eduardo Pondal entregou un dos premios “Bos e Xenerosos” a Susana Seivane, polo seu labor de promoción e difusión da música, a tradición e a cultura de Galicia, e pola gran sensibilidade que ten amosado sempre coa recuperación, a conservación e a transmisión do feito cultural galego máis aló das nosas fronteiras. Dende aquí moitas grazas por este galardón.

    Leer más
  • 20 de outubro no Obradoiro de Gaitas Seivane

    Susana Seivane no FOCUS GALICIA

    FOCUS GALICIA, é un encontro que se celebrará en Galicia, entre o 19 e 21 de outubro, nos días previos ao WOMEX 2014 – The World Music Expo. WOMEX é o mercado profesional de músicas do mundo máis importante a nivel internacional. FOCUS GALICIA reúne a unha selección dos 30 programadores, managers e axentes máis relevantes do WOMEX para coñecer a realidade musical de Galicia, a través de visitas, foros, showcases, etc. Por este motivo, este grupo desplazarase este luns día 20 ás 11:00 ao Obradoiro de Gaitas Seivane, onde está previsto un showcase da gaiteira máis internacional Susana Seivane.

    Leer más
  • 9 e 12 de Outubro

    Actuación de Susana Seivane en Brasil e en Lugo

    Co motivo da Festa Nacional, Susana Seivane actuará este xoves día 9, convidada pola Embaixada de España en Brasilia, na mesma embaixada, para dar a coñecer a cultura galega no Brasil. Galicia non podía ter unha embaixadora mellor! E de seguido voa de novo para Galicia, para ofrecer un concerto, o “domingo das mozas”, no San Froilán, en Lugo, a terra das súas raíces. A gaiteira pon así un broche de ouro ás festas do San Froilán e a súa xira, que non podía acabar mellor! Seguídea en ruta! Foto Guzmán García

    Leer más
  • Sábado, 4 de outubro 2014

    Concerto de Susana Seivane en Córdoba

    Do 3 ao 5 de outubro, na Avenida Liberdade (Vial Norte) de Córdoba, celébrase “Galicia Pórtico Universal – Córdoba”. Unha mostra galega con exposición de artesanía, área de información de Turgalicia e Xacobeo, aula de catas, un recital poético, e a actuación do Grupo Folclórico Airiños da Terra e Susana Seivane. A gaiteira actuará o sábado, 4 de outubro, ás 21:00, no escenario da mostra. Este evento está organizado pola Xunta de Galicia e a Casa de Galicia en Córdoba. Non o podedes perder!

    Leer más
[1-5] [6-10] [11-14]

Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018
© 2018 Susana Seivane.