Castellano | English | Français
Susana Seivane Susana Seivane
Ir a tienda
Compartir:

Hemeroteca

  • camisetas Susana Seivane á venda

    ¡Por fin camisetas de Susana Seivane! Hai dous deseños de camisetas á venda na tenda desta web. Están á vosa disposición en varias cores e dous modelos: a camiseta tradicional e a camiseta de elastane, con manga xaponesa. Tódolos modelos levan a sinatura de Susana Seivane na parte de atrás.

    Leer más
  • sábado 30 de abril - 20h30 - Vigo

    Festival Moxenas

    A Federación Veciñal Eduardo Chao de Vigo e Caixanova organizan no Teatro Sala de Concertos do Centro Cultural Caixanova un Concerto - Homenaxe MOXENAS 10 anos despois Actuarán: Susana Seivane acompañada dunha formación reducida: Brais Maceiras acordeón diatónico Carlos Freire tamboril tradicional Carlos Gándara bombo tradicional Moxenas Musical Galego Director: Xosé Oliveira A presentación deste festival correrá a cargo de Xurxo Souto. Tamén intervirán Antón Corral, director da Banda de Gaitas Xarabal Miguel Pérez, autor do libro ‘Moxenas, A memoria do son’ José Luis Miguélez, mestre de gaita do conservatorio profesional de música de Vigo As invitacións pódense retirar nas Asociacións Veciñais Federadas, na Federación Veciñal e o mesmo día do concerto (sábado 30 de abril) no Centro Cultural Caixanova.

    Leer más
  • Festival Intercéltico de Açores e de Porto

    Susana Seivane estivo tocando, con toda a súa banda no Festival Intercéltico de Açores, o día 2 de abril e en Porto o día 7 de abril. O primeiro concerto tivo lugar no Auditorio da Praia da Vitoria da marabillosa Illa Terceira e o segundo na cidade de Porto.

    Leer más
  • Susana Seivane participou na celebración da San Patrick en París

    Susana Seivane participou na celebración da San Patrick que fixo a Bretaña en París, no Pazo de Paris-Bercy, os pasados 16 e 17 de marzo de 2005. O cartel de artistas que celebraron esta festa estaba composto por Gilles Servat, Denez Prigent Didier Squiban, Susana Seivane e Nolwenn Korbell. A estes artistas sumáronse 100 músicos e bailadores de Irlanda, Galiza, País de Gales e Escocia, 40 tocadores de bombarda das bandas de Lorient, Auray, Pontivy e Locoal-Mendon, 32 bailadores dos grupos de danza de Auray, Pontivy, Pont-L´Abbé e Saint-Evarzec. Estas noites foron organizadas polo FIL (Festival Intercéltico de Lorient).

    Leer más
  • Susana Seivane finalista dos Premios da Música 2005

    O pasado xoves 24 de febreiro, na sede madrileña da Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE), fixéronse públicos os nomes dos finalistas da IX edición dos Premios da Música, que organiza a Academia das Artes e as Ciencias da Música. Entre os finalistas na categoría de Mellor Canción en Galego atópase Susana Seivane co tema "O segredo", do seu último traballo, Mares de Tempo. Coñeceranse os gañadores o vindeiro xoves 21 de abril, durante a ceremonia de entrega de estatuillas, que terá lugar no Pazo Municipal de Congresos de Madrid. TVE-2 retransmitirá a gala en diferido. Os outros finalistas neste apartado son Luar na Lubre e Los Limones.

    Leer más
[1-5] [6-10] [11-15]

Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018 · 2019 · 2020 · 2021 · 2022 · 2023 · 2024
© 2024 Susana Seivane.