Castellano | English | Français
Susana Seivane Susana Seivane
Ir a tienda
Compartir:

Hemeroteca

  • Susana pecha a súa xira estival cun clamoroso éxito

    "Susana Seivane e amigos" arrasa na xira estival

    O espectáculo “Susana Seivane e amigos” foi presentado por primeira vez no Festival Celta de Ortigueira 2009 e foi cultivando triunfos en cada unha das súas presentacións. Nas dúas últimas citas, “Susana Seivane e amigos” tivo un rotundo éxito, na Coruña, nas festas de María Pita, e Pontevedra, nas Festas dá Peregrina. “Susana Seivane e amigos” é un show vibrante, moi intenso, dinámico, con máis de dúas horas de duración, con artistas invitados de tanto prestixio, como Rodrigo Romaní, Anxo Pintos, Xosé Manuel Budiño, David Paz, Jose Rodríguez e Jose Somoza. Este espectáculo fixo vibrar, emocionar e bailar ao público galego. A mestría de Susana coa gaita unida á súa cálida voz fixo gozar como nunca aos asistentes, deixando un emocionante recordo e ganas de máis ao público de ambas cidades.

    Leer más
  • Sigue a trepidante xira 2010!

    Susana Seivane de novo en Francia!

    O próximo día 6 de agosto, Susana Seivane e a súa banda voltarán ao país veciño. A cita será no prestixioso Festival de Gévaudan, en Sauges, onde Susana e os seus músicos tocarán ás 21:00. Nada máis terminar o concerto, dirixiránse a Coruña para preparar o espectáculo “Susana Seivane máis amigos” que quedará na retina dos coruñeses por moito tempo, con convidados moi especiais como Rodrigo Romaní, Anxo Pintos, Xosé Manuel Budiño, David Paz, Jose Rodríguez e Jose Somoza na sección de metais. O concerto enmarcado no programa de festas de María Pita, será o día 13 de agosto na praza do concello ás 22:30. E dous días despois volta á carretera, esta vez cara Pontevedra, onde actuará o día 15 de agosto nas Festas da Peregrina, de novo co espectacular “Susana Seivane máis amigos”. Síguea en ruta!

    Leer más
  • Concerto cos Celtas Cortos e a Oysterband.

    Susana Seivane no Festival de Ortigueira 2010

    Susana Seivane disfrutou como nunca este xoves 8 no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2010, onde subiu ao escenario como artista invitada dos grandes Oysterband e os Celtas Cortos. Susana tocou por vez primeira cos Maestros da Oysterband e de novo cos sus amigos os fantásticos Celtas Cortos. Un público entregado fixo de novo de ese festival o máis bonito do mundo, como sempre di ela.

    Leer más
  • Concertos no mes de xullo

    A xira de Susana Seivane non para!

    Tras o seu paso polo gran festival de Ortigueira, onde Susana tocou cos Celtas Cortos e a Oysterband. No mes de xullo estará en Francia, actuando coa Bagad Kemper o 17, na 35 edición dos "Rencontres Internationales de Luthiers et Maîtres Sonneurs", en Saint Chartier. En Galicia festexará o Santiago Apóstolo este sábado 24, na Gala da TVG, con colaboracións moi especiais e o domingo 25, concerto no Festigal, ás 22:00 no Campus Sul de Santiago de Compostela. E seguirá a súa ruta polos festivais españois ata Avilés, onde actuará como fin de festa no Beltaine o 31 de xullo. Seguen os concertos de Susana Seivane… disfrútaos!

    Leer más
  • Concertos no mes de xuño

    Xira 2010 de Susana Seivane

    A virtuosa gaiteira sigue percorrendo Galicia en festas, así ten dúas citas co seu querido público pontevedrés en xuño. A primeira o vindeiro domingo día 13, ás 19:00 en Silleda, cerrando o extenso programa da 33ª Feira Internacional de Galicia, na Semana Verde-Salimat. E na segunda cita Susana será o prato forte das festas da Estrada onde ofrecerá un concerto o sábado día 26. Tamén viaxará este mes ao IV Festival Celta Internacional Reinu de Llión, onde deleitará aos asistentes cun fantástico concerto na praza Don Gutierre, o sábado día 19, ás 22:00. Vai de xira con Susana e disfruta do seu apaixoante directo!

    Leer más
[1-5] [6-10] [11-15] [16-20] [21-21]

Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018 · 2019 · 2020 · 2021 · 2022 · 2023 · 2024
© 2024 Susana Seivane.