Hemeroteca
-
Actuación e entrevista na Televisión de Galicia
Susana Seivane no Bamboleo, TVG
O sábado 31 de agosto a fermosa gaiteira estivo no plató do programa Bamboleo da Televisión de Galicia, puxo as "pernas pra riba" do público e protagonizou momentos moi divertidos. A actuación de Susana aparece no minuto 48.
-
Concertos no mes de agosto: Portugal, Francia, Bélxica e Galicia!
Susana Seivane non para!
O sábado 3 de agosto a nosa gaiteira feiticeira viaxa a Portugal, ao Festival Intercéltico de Sendim, no corazón das terras de Miranda, a súa actuación está prevista para as 23:30. Ao día seguinte voltará a Galicia, cara o Festival de Pardiñas, en Guitiriz, que celebra a súa XXXIV edición e onde actuará ás 22:00. O día 15 a gaiteira viaxa a Francia para actuar no Festival Filet Bleus de Concarneau, será o día 16 de agosto, ás 21:00. E o día 17 viaxa a Bélxica, cara o Deerlycke Folk Festival, que xa vai pola súa XVI edición, actuará a partir das 18:00. Seguídea en ruta! Non vola podedes perder!
-
Concertos de Susana Seivane en xullo en Francia e Suíza
Arrancando os motores da xira!
O próximo xoves, día 20 de xuño, Susana Seivane estará na Casa da Cultura de Meira, en Lugo. Invitada polo CEIP de Meira, e celebrará cos nenos a fin de curso e o comezo do verán, que ven cargado de fantásticos concertos da gaiteira. No mes de xullo estará de novo en Francia, no gran Festival Het Lindeboom de Calais, será o día 18. E o día 27, Susana viaxará a Suíza, onde tocará no Festival Internacional Folk de Locarno. Todo preparado para a festa! Vémonos en ruta!
-
Susana celebra o Día das Letras Galegas e as culturas do mundo
Susana Seivane, unha embaixadora da cultura galega
O 16 de maio, Susana estará cos nenos do Colexio Ramón de la Sagra, da Coruña, celebrando o Día das Letras Galegas, falando con eles e introducíndoos no fermoso mundo da música tradicional galega e en concreto da nosa gaita. O 25 de maio, en Italia, Bérgamo, continuará este labor divulgativo da música galega, onde ofrecerá un gran concerto no Festival Lo Spirito del Pianeta, un festival internacional que durará ata o 9 de xuño e que está dedicado aos grupos tribales e indíxenas da terra, un bó acercamento ás culturas do mundo.
-
Susana Seivane estará pronto en ruta!
Un ano cheo de novidades!
Susana Seivane está metida de cheo na gravación do seu próximo e novidoso disco de nanas. Así mesmo, está preparando a xira que a levará por Francia, Italia, Portugal, Suíza, e por suposto, Galicia e España. Próximamente irán aparecendo aquí as etapas da xira onde podedes seguir os seus pasos!