Castellano | English | Français
Susana Seivane Susana Seivane
Ir a tienda
Inicio > Noticias > Susana Seivane Pregoeira das Festas de San Froilán, Lugo
Compartir:

4 de Outubro, ás 20:30h, no Balcón do Concello

Susana Seivane Pregoeira das Festas de San Froilán, Lugo

A gaiteira Susana Seivane terá o honor de ler o pregón das festas de San Froilán o próximo mércores 4 de Outubro ás 20:30 no Concello. A artista galega lembrará no seu pregón a súa vinculación familiar e afectiva coa provincia de Lugo e, especialmente, a súa primeira actuación en directo invitada polo grupo Milladoiro. Corría por aquel entón o ano 1997 e o esceario non era outro que a Praza de Santa María, na que o próximo domingo actuará de novo coa súa banda.

© 2018 Susana Seivane.