Castellano | English | Français
Susana Seivane Susana Seivane
Ir a tienda
Compartir:

Hemeroteca

  • 26-27 de agosto 2005

    Susana Seivane no Tønder Festival de Dinamarca

    Susana Seivane foi unha das principais invitadas da edición 2005 do Tønder Festival en Dinamarca. Susana Seivane e a súa banda fixeron dous concertos onde acudiron miles de persoas a coñecer á gaiteira galega que logrou unha vez máis encantar ó publico. Resumen desta aventura, un gran éxito e a cabeza chea de recordos marabillosos.

    Leer más
  • Xigante Susana Seivane

    Xira de agosto

    Susana Seivane embaixadora para o periódico de máxima tirada Bretón, o OUEST FRANCE para a promoción do Festival de Lorient nuns carteis tan xigantes coma o talento da gaiteira colocados en varias cidades bretonas : Féeries de Bénodet Festival de Lorient Festival de la Saint Loup Festival des Filets Bleus

    Leer más
  • Susana aproveitou para facerlle unha visita ó stand do seu pai

    Nesta segunda xira por Bretaña, que empezou o luns 8 en Lorient

    A colaboración de Susana Seivane co Bagad Kemper, no espectáculo Sud-Ar Su no Festival Intercéltico de Lorient, colleitou, por segundo ano consecutivo, un enorme éxito e o Grand Théâtre encheuse de novo a rebosar. A pantalla xigante instalada fora do teatro permitíu que toda a xente que non conseguira entrada puidera ver o espectáculo desde fora. O Obradoiro de Gaitas Seivane, presente por primeira vez na feira de artesanía do Festival Intercéltico de Lorient, recibe moitísimas visitas, para probar as gaitas ou informarse sobre o instrumento.

    Leer más
  • para 6 concertos en Galiza antes de volver a Bretaña

    Regreso da primeira xira francófona do verán

    Moaña, Arteixo, O Corgo, Monforte de Lemos, Oleiros e Sanxenxo son as únicas 6 cidades galegas nas que será posible asistir a un concerto de Susana Seivane nestes vindeiros días de xullo e agosto. Logo, regresará con todo o seu grupo a Bretaña, onde está tendo moitísimo éxito e onde o público acude sempre moi numeroso a tódolos concertos. Lembrade que tódalas datas de concertos figuran detalladas no calendario desta web.

    Leer más
  • no escenario Los Zuloagas, o sábado 2 de xullo ás 22h30

    O vindeiro 2 de xullo, Susana Seivane actúa no prestixioso Folk Segovia

    Susana Seivane actuará nesta edición deste gran festival de música de raíz, con toda a súa banda, composta por Carlos Freire (percusións), Carlos Gándara (batería), Kim García (baixo eléctrico), Xurxo Iglesias (bouzouki), Brais Maceiras (acordeón diatónico) e Roberto Somoza (saxofón), e coa magnífica igrexa Los Zuloagas por fondo de escenario. Presentará o seu último traballo Mares de Tempo a todo o público de Segovia e dos arredores que ainda non tivo a oportunidade de deleitarse con este novo directo. Comparte cartel esa noite con dous outros grupos que poden deixar o listón ben alto para os percusionistas: Tambores de Teruel (Aragón) e Tactequeté (Cataluña)

    Leer más
[1-5] [6-10] [11-15]

Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018 · 2019 · 2020 · 2021 · 2022 · 2023 · 2024
© 2024 Susana Seivane.