Castellano | English | Français
Susana Seivane Susana Seivane
Ir a tienda
Compartir:

Hemeroteca

  • Na XXIV Xuntanza de Gaiteiros. Na homenaxe a Fito Domínguez. Na TVG

    Susana Seivane cos Airiños de Fene, A Roda e o Luar

    En outubro Susana Seivane estará na XXIV Xuntanza de Gaiteiros, organizada por Airiños de Fene, que estará centrada na celebración do XXV aniversario da banda e que este ano renderá homenaxe a Miguel Doval e Chus Niebla. Serán moitos os amigos que os acompañen o sábado 6, ás 19:30 na S.C.R.D. Agarimo de Sillobre en Fene. O sábado seguinte día 13, Susana asistirá a homenaxe a Fito Domínguez, cantante e fundador da Roda, que faleceu o pasado mes de setembro, será no auditorio Mar de Vigo. Numerosos compañeiros de profesión, entre os que se encontrá Susana Seivane, rendirán esta sentida homenaxe ao ilustre músico. Tamén ese fin de semana poderedes vela moi ben acompañada no programa Luar da televisión de Galicia.

    Leer más
  • Gala “Coruña sen Fronteiras” no Teatro Colón

    Susana Seivane solidaria

    O vindeiro 28 de setembro, sábado, ás 21:00 no Teatro Colón da Coruña terá lugar unha das principais actividades da campaña “Coruña sen fronteiras”, desenvolvida pola ONG Médicos sen Fronteiras. En esta cita solidaria participarán numerosos convidados: escritores, actores, humoristas e músicos, entre eles, a gaiteira Susana Seivane. O obxectivo é dar a coñecer o labor solidario e recadar fondos para continuar con el. Vémonos alí!

    Leer más
  • Susana Seivane en Ribadeo, Zamora, A Coruña, Baiona e Gondomar!

    O mes de agosto cheo de concertos!

    As próximas citas coa gaiteira feiticeira neste mes de agosto arrancan en Ribadeo, onde Susana terá a honra de asistir á celebración do 50 aniversario da Asociación de Amigos da Gaita Galega. Será o 4 de agosto a partir das 20:00 no día da Gaita e Romería a Santa Cruz. A gaiteira dará o pregón da festa e pola noite a súa maxia estará máis presente que nunca… Dous días máis tarde, o 6 de agosto, ás 22:30 estará en Lubián, Zamora. A seguinte cita é María Pita, onde co seu gran espectáculo “Susana Seivane máis amigos” atrapará o corazón da cidade herculina o mércores 8 de agosto, a partir das 22:00 da noite. Ao día seguinte, o día 9 ás 23:00, estará na fermosa localidade de Baiona e o día 11 en Gondomar dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios da Agadic, será na Praza da Alameda, co seu novo espectáculo “Esencias”, a partir das 23:30. Acompañádea e quedaredes presos do seu encanto!

    Leer más
  • Concertos en Bélxica, Francia e Galicia!

    Comeza a xira estival de Susana Seivane!

    A xira estival da querida gaiteira arranca en Bélxica o día 8 de xullo, será no magnífico Gooikoorts Festival. Como ven sendo habitual, días despois estará en Francia onde sempre recibe unha calurosa acollida. Tocará no prestixioso Festival de Château d´Ars o día 13 de xullo, dentro da 35 edición dos Encontros Internacionais de Luthiers e Mestres Sonoros, que se celebra en Saint Chartier. E dous días despois actuará no fantástico Festival Kann Al Loar de Landerneau, será o día 15 de xullo. No mes de xullo os concertos de Susana continúan por Galicia, así o día 24 estará un ano máis na Festa da Fraga das Pontes. Susana Seivane está en ruta, goza da súa música!

    Leer más
  • Teatro Rosalía, A Coruña

    Susana Seivane en ruta!

    Este venres 20 de abril, Susana Seivane ten a honra de ser unha das artistas invitadas de Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero! Un trío calificado como o máis retranqueiro da música galega. Haberá moitos máis amigos! Será no Teatro Rosalía da Coruña ás 20:30. Así mesmo, tamén neste teatro coruñés, o día 16 de maio, Susana Seivane e Rodrigo Romaní actuarán xuntos na gala dos XI Premios Opinión, que comezará ás 20:30 e serán quenes abrirán este acto cheo de sorpresas. Sigue a Susana en ruta!

    Leer más
[1-5] [6-9]

Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018 · 2019 · 2020 · 2021 · 2022 · 2023 · 2024
© 2024 Susana Seivane.