Castellano | English | Français
Susana Seivane Susana Seivane
Ir a tienda
Compartir:

Hemeroteca

  • Concerto 20/08/2011

    Susana Seivane na Noite Folk de Negreira

    Tras o éxito da súa xira en Francia, a gaita internacional de Susana Seivane soará na IX Noite Folk de Negreira. Os amantes da música tradicional, poderán disfrutar das melodías do seu último traballo Os soños que volven e dos sons que a foron acompañando ó longo da súa vida. Será o sábado 20, na fermosa contorna natural do Refuxio de Pescadores de Covas, ás 23:30. A aclamada gaiteira será a gran atracción deste novo festival de música tradional. Preparádevos para a festa!

    Leer más
  • Concertos en Brest e Paimpol

    Susana Seivane de novo en Francia!

    A musa da gaita estará en Francia esta semana. Como nos anos anteriores, a cita co país veciño non pode faltar na xira estival da gaiteira. Alí estará este xoves, 11 de agosto, en Brest, participando en Les Jeudis, un mes cheo de actividades e concertos ó aire libre nesta bonita vila do Finisterre francés, o concerto será no Port de Commerce, ás 21:00. E ó día seguinte será Paimpol quen disfrute da maxia da gaiteira, o venres 12 de agosto, ás 24:30, no Festival du Chant Marin et des Musiques des Mers du Monde. Unha oportunidade única de disfrutar da súa música no país francés que tanto a quere e espera!

    Leer más
  • Susana Seivane en Ribeira e A Cañiza!

    Continúa a xira de Susana Seivane en Agosto!

    O mes de agosto ven repleto de concertos da fermosa gaiteira. O primeiro lugar onde poderedes disfrutar do seu epectáculo será en Ribeira, o venres 5, ás 24:00h na Praza de España. E ese mesmo fin de semana a gaiteira e a súa banda estarán na vila pontevedresa de A Cañiza, o domingo 7, na Praza Maior, ás 22:30h. Que disfrutedes das festas de Galicia co seu apaixoante espectáculo!

    Leer más
  • Concerto en Carballo, 22 xullo

    Sigue a xira de Susana Seivane!

    Tras o seu paso polas festas do Carme de Barakaldo, a musa da gaita volve a súa terra. Desta vez será Carballo quen vibre co fresco, dinámico e orixinal espectáculo de Susana Seivane e os seus talentosos músicos, que manteñen o divertimento do público dende a primeira nota ata o último bis. Será o venres 22 de xullo, ás 22:30, na praza do concello. Non o podedes perder!

    Leer más
  • Concerto 12/07/2011

    Susana Seivane en Barakaldo

    O Karmenak 2011 acolle mañá martes 12 de xullo á gaiteira Susana Seivane, será ás 21:30h no Parque de los Hermanos. Este concerto forma parte do extenso programa de festas de Barakaldo e enmárcase dentro da XXIII edición do Festival de Música Popular “Munduko Hiriak”. Sigue a Susana Seivane e a súa banda en ruta e desfruta da súa música!

    Leer más
[1-5] [6-10] [11-15] [16-17]

Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018 · 2019 · 2020 · 2021 · 2022 · 2023 · 2024
© 2024 Susana Seivane.