Castellano | English | Français
Susana Seivane Susana Seivane
Ir a tienda
Compartir:

Hemeroteca

  • Susana Seivane no Luar, TVG

    Hoxe conectade o Luar, da TVG, para ver a Susana Seivane tocando con varios dos seus músicos, será un pequeno bó anticipo da súa apaixoante xira, para ir abrindo boca. Poderedes vela dende calquera parte do mundo, non vola podedes perder!

    Leer más
  • Concerto, 3 de xullo de 2011

    Arranca a xira de verán de Susana Seivane en Vigo

    Tras o éxito do paso de Susana Seivane polo Briganfolk de Betanzos, a Festa da Cultura de Vigo acollerá á feiticeira gaiteira e o seu máxico espectáculo este fin de semana. O concerto de Susana Seivane, o domingo 3, ás 22:00h, na Porta do Sol, é o broche de ouro das moitas actividades que están organizadas no centro histórico desta cidade durante estas xornadas, tais como actuacións de grupos de gaitas, baile galego, corais, charangas, bandas de música, etc. e onde haberá unha veintena de casetas adicadas á gastronomía, ó traxe rexional, ós xogos tradicionais, etc. Serán dous días de festa cultural onde será imposible aburrirse. Esta é a primeira cita da xira de verán de Susana Seivane, que a levará por todo o territorio galego. Carballo, Ribeira, A Cañiza, Negreira e As Pontes son algunhas das cidades que vibrarán co seu espectáculo. A segunda cita desta xira a levará a Barakaldo, dez días despois de Vigo, e regresará de novo a Galicia para continuar coa xira ata que, como en anos anteriores, volva a Francia, onde estará en dous dos festivais máis importantes, o Festival Jeudis du Port en Brest e o Festival du Chant Marin en Paimpol. Susana Seivane non para, síguea en ruta!

    Leer más
  • Briganfolk 2011

    Susana Seivane en Betanzos

    O mes de xuño non pode empezar mellor, Susana Seivane estará en concerto no festival céltico internacional Briganfolk. Será en Betanzos o próximo domingo 12 de xuño. Achegádevos a esta bonita localidade e disfrutade unha vez máis do gran espectáculo de Susana Seivane e a súa banda. Vémonos alí!

    Leer más
  • Miranda e Aranda del Duero

    Susana Seivane en Burgos

    Burgos agarda entusiasmado o primeiro concerto da tempada da gaiteira en Miranda del Ebro, o venres 6 de maio, no Cultural Caja Burgos ás 20:30. Ao día seguinte será Aranda del Duero, a que vibrará dende os primeiros acordes ata a última nota coa música da nosa artista, será no Cultural Caja Burgos, tamén á mesma hora. O prezo da entrada son 10 euros, consultar as bonificacións). Síguea en ruta!

    Leer más
  • Vigo, 9 de abril

    Susana Seivane e Noitarega

    Este sábado 9 de Abril no Auditorio Municipal de Vigo a partir das 21:00 h, Susana Seivane actuará como convidada especial do grupo de música tradicional Noitarega. Sen dúbida, unha cita ineludible para os amantes da música tradicional galega. As entradas, a un prezo único de 5 euros, xa están dispoñibles de xeito anticipado na páxina web: http://www.laboleteria.es ¡Esperámosvos!

    Leer más
[1-5] [6-10] [11-15] [16-17]

Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010 · 2011 · 2012 · 2013 · 2014 · 2015 · 2016 · 2017 · 2018 · 2019 · 2020 · 2021 · 2022 · 2023 · 2024
© 2024 Susana Seivane.