Primeira cidadá sen fronteiras de Santiago
Susana Seivane e Santiago sen Fronteiras
Médicos sen Fronteiras desenvolverá en Santiago entre o 23 de setembro e o 5 de outubro unha nova campaña de concienciación para a acción humanitaria, que pretende animar á cidadanía a participar nos seus proxectos de axuda ás persoas que máis o necesitan.
As actividades programadas desta campaña como exposicións, charlas, música etc. teñen como obxectivo achegar aos cidadáns o traballo que Médicos sen Fronteiras está a desenvolver en todo o mundo.
Susana Seivane será a encargada de inaugurar oficialmente esta campaña de concienciación social co acto simbólico de levantar unha barreira, o 23 de setembro, na praza do Toural, ás 12 da mañá.
Máis información en http://www.msf.es/ciudades/santiago
Fotógrafo Guzmán García