Castellano | English | Français
Susana Seivane Susana Seivane
Ir a tienda
Inicio > Noticias > Continúa a xira de Susana Seivane!
Compartir:

Continúa a xira de Susana Seivane!

A próxima cita será o 19 de Xullo en Madrid, na Casa Galicia, festexando o día de Galicia en Madrid.

O día 20 vémonos en Arzúa onde compartirá noite có Colectivo de Música Tradicional Ruote, nun espectáculo enmarcado no programa do Xacobeo "Vai de Camiño".

Continuará a súa andaina o día 21 no bar "Sala the Star" en Carral, onde teremos a oportunidade de ver a unha Susana Seivane cun espectáculo moito máis familiar e intimista do que nos ten acostumados.

Non o podes perder!

E á cita que, sen dúbida, debes asistir é a que terá lugar o 25 de Xullo, será na Praza da Quintana, en Santiago de Compostela, dentro do Programa das Festas que organiza o Concello. Teremos ocasión de ver un dos soños cumplidos de Susana, xa que por motivos de traballo de anteriores anos, ésta será a primeira vez que a encantadora e máxica praza reciba o espectáculo desta artista que está colleitando excelentes críticas na súa xira 2007 ó longo de todos os países e festivais que ten visitado no que levamos de ano.

E finalizamos o mes de Xullo no mítico Festival Castillo de L’Aínsa, Huesca, onde 8 anos despois Susana Seivane volverá visitar este fermoso esceario.

Vémonos en ruta!

© 2024 Susana Seivane.