Susana Seivane galardoada con Premio Xarmenta da lingua galega.
A Asociación berciana “Xarmenta” concedeu, nesta a súa cuarta edición, o premio Xarmenta a Susana Seivane. pola súa labor na defensa e utilización do galego. Susana valora e comparte esta distinción con tódalas mulleres, en especial as bercianas, que son as principais artífices da transmisión do galego aos seus fillos.
O premio será entregado nunha gala que se celebrará no Teatro Bergidum de Ponferrada o vindeiro 15 de Xaneiro. Nela tamén actuará o grupo Aira da Pedra que comparte o mesmo premio, na categoría de Institución, ca banda de gaitas de Vilafranca. Tanto Susana e a súa banda como Aira da Pedra actuarán en dita gala na compaña do mago Richard e Anxo Rei.