Sigue a trepidante xira 2010!
Susana Seivane de novo en Francia!
O próximo día 6 de agosto, Susana Seivane e a súa banda voltarán ao país veciño. A cita será no prestixioso Festival de Gévaudan, en Sauges, onde Susana e os seus músicos tocarán ás 21:00.
Nada máis terminar o concerto, dirixiránse a Coruña para preparar o espectáculo “Susana Seivane máis amigos” que quedará na retina dos coruñeses por moito tempo, con convidados moi especiais como Rodrigo Romaní, Anxo Pintos, Xosé Manuel Budiño, David Paz, Jose Rodríguez e Jose Somoza na sección de metais.
O concerto enmarcado no programa de festas de María Pita, será o día 13 de agosto na praza do concello ás 22:30.
E dous días despois volta á carretera, esta vez cara Pontevedra, onde actuará o día 15 de agosto nas Festas da Peregrina, de novo co espectacular “Susana Seivane máis amigos”.
Síguea en ruta!