Programa Ben Falado, TVG, 1/09/2010
Susana Seivane, o orgullo de ser galega
O programa Ben Falado emitiu o 1 de setembro unha entrevista onde Susana Seivane fala da súa identidade como galega, da lingua, da música como lenguaxe universal, do orgullo de pertencer a un pobo e a unha terra cunha cultura propia, que agradecida e satisfeita a leva por todo o mundo a través da súa música.
Busca o programa Ben Falado no enlace, e escoita falar a nosa gaiteira co grande respecto e sentimento que ten polas súas raíces.