Concerto, 3 de xullo de 2011
Arranca a xira de verán de Susana Seivane en Vigo
Tras o éxito do paso de Susana Seivane polo Briganfolk de Betanzos, a Festa da Cultura de Vigo acollerá á feiticeira gaiteira e o seu máxico espectáculo este fin de semana. O concerto de Susana Seivane, o domingo 3, ás 22:00h, na Porta do Sol, é o broche de ouro das moitas actividades que están organizadas no centro histórico desta cidade durante estas xornadas, tais como actuacións de grupos de gaitas, baile galego, corais, charangas, bandas de música, etc. e onde haberá unha veintena de casetas adicadas á gastronomía, ó traxe rexional, ós xogos tradicionais, etc. Serán dous días de festa cultural onde será imposible aburrirse.
Esta é a primeira cita da xira de verán de Susana Seivane, que a levará por todo o territorio galego. Carballo, Ribeira, A Cañiza, Negreira e As Pontes son algunhas das cidades que vibrarán co seu espectáculo. A segunda cita desta xira a levará a Barakaldo, dez días despois de Vigo, e regresará de novo a Galicia para continuar coa xira ata que, como en anos anteriores, volva a Francia, onde estará en dous dos festivais máis importantes, o Festival Jeudis du Port en Brest e o Festival du Chant Marin en Paimpol.
Susana Seivane non para, síguea en ruta!