I Edición dos Premios da revista Galiciademoda
Susana Seivane premiada por promocionar a moda galega
Hoxe a revista Galiciademoda celebra unha entrega de premios e Susana Seivane será galardoada por promocionar a moda galega a través da música. A gala será a partir das 21:00, na Coruña, no Style Outlets de Culleredo, onde a gaiteira recibirá con agradecemento este galardón.