27 de novembro, O Couto, Ponteceso, A Coruña
Premio “Bos e Xenerosos” para Susana Seivane
Onte a tarde no Couto en Ponteceso, a Fundación Eduardo Pondal entregou un dos premios “Bos e Xenerosos” a Susana Seivane, polo seu labor de promoción e difusión da música, a tradición e a cultura de Galicia, e pola gran sensibilidade que ten amosado sempre coa recuperación, a conservación e a transmisión do feito cultural galego máis aló das nosas fronteiras.
Dende aquí moitas grazas por este galardón.