|
|
Susana Seivane o orgullo de ser galega (08-09-2010) Programa Ben Falado, TVG, 1/09/2010 O programa Ben Falado emitiu ó 1 de setembro unha entrevista onde Susana Seivane fala da súa identidade como galega, da linguaxe, da música como linguaxe universal, do orgullo de pertencer a un pobo e a unha terra cunha cultura propia, que agradecida e satisfeita a leva por todo o mundo a través da súa música.
Busca o programa Ben Falado no enlace, e escoita falar a nosa gaiteira co grande respecto e sentimento que ten polas súas raíces.
| |
|
"Susana Seivane e amigos" arrasa na xira estival (17-08-2010) Susana pecha a súa xira estival cun clamoroso éxito O espectáculo “Susana Seivane e amigos” foi presentado por primeira vez no Festival Celta de Ortigueira 2009 e foi cultivando triunfos en cada unha das súas presentacións. Nas dúas últimas citas, “Susana Seivane e amigos” tivo un rotundo éxito, na Coruña, nas festas de María Pita, e Pontevedra, nas Festas dá Peregrina.
“Susana Seivane e amigos” é un show vibrante, moi intenso, dinámico, con máis de dúas horas de duración, con artistas invitados de tanto prestixio, como Rodrigo Romaní, Anxo Pintos, Xosé Manuel Budiño, David Paz, Jose Rodríguez e Jose Somoza.
Este espectáculo fixo vibrar, emocionar e bailar ao público galego. A mestría de Susana coa gaita unida á súa cálida voz fixo gozar como nunca aos asistentes, deixando un emocionante recordo e ganas de máis ao público de ambas cidades.
| |
|
¡Susana Seivane de novo en Francia! (02-08-2010) ¡Segue a trepidante xira 2010! O próximo día 6 de agosto, Susana Seivane e a súa banda voltarán ó país veciño. A cita será no prestixioso Festival de Gévaudan, en Sauges, onde Susana e os seus músicos tocarán ás 21:00.
Nada máis terminar o concerto, dirixiránse a Coruña para preparar o espectáculo “Susana Seivane máis amigos” que quedará na retina dos coruñeses por moito tempo, con colaboracións impresionantes como Rodrigo Romaní, Anxo Pintos, Xosé Manuel Budiño e David Paz, Jose Rodríguez e Jose Somoza na sección de metais.
O concerto enmarcado no programa de festas de María Pita, será o día 13 de agosto na praza do concello ás 22:30.
E tan só, dous días despois volta á carretera, esta vez cara Pontevedra, onde actuará o día 15 de agosto nas Festas da Peregrina, de novo co espectacular show “Susana Seivane máis amigos”.
¡Séguea en ruta!
| |
|
¡A xira de Susana Seivane non para! (07-07-2010) Concertos no mes de xullo Tras o seu paso polo gran festival de Ortigueira, onde Susana tocou cos Celtas Cortos e a Oysterband.
No mes de xullo estará en Francia, actuando coa Bagad Kemper o 17, na 35 edición dos "Rencontres Internationales de Luthiers et Maîtres Sonneurs", en Saint Chartier.
En Galicia festexará o Santiago Apóstolo este sábado 24, na Gala da TVG, con colaboracións moi especiais e o domingo 25, concerto no Festigal, ás 22:00 no Campus Sul de Santiago de Compostela.
E seguirá a súa ruta polos festivais españois ata Avilés, onde actuará como fin de festa no Beltaine o 31 de xullo.
¡E seguen os concertos de Susana Seivane… disfrútaos!
| |
|
Susana Seivane no Festival de Ortigueira 2010 (08-07-2010) Concerto cos Celtas Cortos e a Oysterband. Susana Seivane disfrutou como nunca este xoves 8 no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2010, onde sibiu ó escenario para ser a artista invitada dos grandes Oysterband e os Celtas Cortos.
Susana tocou por vez primeira cos Maestros da Oysterband e de novo cos sus amigos os fantásticos Celtas Cortos.
Un público entregado fixo de novo de ese festival o máis bonito do mundo, como sempre di ela.
| |
|
Xira 2010 de Susana Seivane (10-06-2010) Concertos no mes de xuño A virtuosa gaiteira segue recorrendo Galicia en festas, así ten dúas citas co seu querido público pontevedrés en xuño. A primeira o vindeiro domingo día 13, ás 19:00 en Silleda, cerrando o extenso programa da 33ª Feira Internacional de Galicia, na Semana Verde-Salimat. E na segunda cita Susana será o prato forte das festas da Estrada onde ofrecerá un concerto o sábado día 26.
Tamén viaxará este mes ó IV Festival Celta Internacional Reinu de Llión, onde deleitará ós asistentes cun fantástico concerto na praza Don Gutierre, o sábado día 19, ás 22:00.
¡Vai de xira con Susana e disfruta do seu apaixoante directo!
| |
|
Cantigas do Camiño (27-05-2010) Xacobeo Raíces 2010 Xacobeo Raíces 2010 é un proxecto creativo que dende marzo ata xuño foi recorrendo Galicia a través de concertos ofrecidos polos artistas galegos que nel colaboran. E lanza ó mercado neste ano santo a publicación dun disco-libro oficial do Camiño de Santiago, titulado Cantigas do Camiño, que inclúe novas cancións que amosan unha visión chea de enerxía da música do Camiño de Santiago.
A nosa gaiteira máis querida, abre este álbume con "Camiño Longo", unha proposta persoal e contemporánea, herdeira de centos de anos de tradición musical.
Vive o Camiño de Santiago escoitando esta fermosa música!
| |
|
Susana Seivane nas Festiletras de Ponteceso (14-05-2010) 23 de maio, ás 19:00h Susana Seivane celebra desta maneira o día das letras galegas, facendo o que mellor sabe. Así actuará en Ponteceso, na parroquia do Couto, o domingo 23 de maio, ás 19:00h, en frente da Fundación Eduardo Pondal, poñendo o broche final a estas xornadas das Festiletras galegas.
As Festiletras celébranse en Ponteceso do 15 ao 23 de maio, cun programa festeiro e cultural rico en variedade.
¡Estades todos convitados!
| |
|
Susana Seivane no programa Alalá, (05-05-2010) 6 maio 2010, ás 23:00h, no Alalá da TVG. Hoxe, día 6 de maio, ás 23:00h, Susana Seivane será a protagonista do programa Alalá da TVG. Alalá emitirá fragmentos de interpretacións musicais de Susana con partes documentais sobre a súa vida cotiá. O programa pretende reflexar o seu xeito de pensar, sentir e percibir a música e o mundo, sendo testemuña da faceta máis persoal da artista. Comparte un día na súa vida e descubre as súas inquietudes. ¡Coñece un pouco máis a nosa gaiteira máis universal!
| |
|
Xacobeo Raíces: Susana Seivane + Quempallou en Lugo (19-04-2010) 24 abril 2010, 22:00h, Auditorio Municipal Gustavo Freire O vindeiro día 24 de abril, ás 22:00 Susana Seivane actuará no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo, precedida da actuación da banda Quempallou ás 21:00. As entradas están xa á venda no servicio web de Caixanova. Merca a túa no link que atoparás máis abaixo.
Este concerto forma parte do programa Xacobeo Raíces, un ciclo de concertos en cidades e pobos de toda Galicia, cun concerto especial en Madrid, e un total de 25 artistas e agrupacións galegas. Vémonos alí!
| |
|
| Presentación de Os soños que volven en Vigo (20-01-2010) O vindeiro 9 de abril, venres, ás 20:30 horas, Susana Seivane vai presentar o seu último traballo, ‘Os Soños que Volven’, no Centro Cultural Caixanova Teatro de Vigo. As entradas están xa a venda no despacho web de Caixanova. Merca a túa no link que atoparás máis abaixo. No prezo está incluído un exemplar do disco ‘Os Soños que Volven’ que será entregado á entrada do espectáculo. Esperámoste!!!
| |
|
| Susana Seivane pecha o ano de Galicia en Lorient (13-08-2009) Máis de 7000 persoas déronse cita do Port de Pêche para escoitar o concerto que Susana Seivane ofreceu o pasado 8 de agosto en Lorient. O público vibrou con temas do seu novo disco ´Os soños que volven´ que foi moi ben acollido e tivo gran repercusión nos medios de comunicación bretóns.
O día 9, Susana Seivane pechou o Festival no pavillón de Galicia que estaba completamente abarrotado. Esta actuación poñía fin a 10 días de concertos que Turgalicia programou para conmemorar o ano dedicado ao noso país en Lorient.
| |
|
| Presentación do novo disco de Susana Seivane, 'Os soños que volven' (02-07-2009) Susana Seivane presentou hoxe o seu cuarto traballo discográfico, Os soños que volven, no Obradoiro de Gaitas da súa familia en Cecebre, Cambre. Despois dunha breve e simpática introducción a cargo do dúo humorístico As Cantareiras de Ardebullo, Susana falou dos pormenores deste novo CD que sairá ao mercado o vindeiro luns día 6 de xullo.
Trátase dun disco producido polo propio selo discográfico de Susana, “Enavíes Música”. Contén 14 títulos que suxiren momentos e lugares de especial transcendencia na súa vida. Temas que ela toca dende os seus primeiros pasos como gaiteira. Soños da súa infancia que quere retomar no presente interpretados, do xeito máis enxebre, pola súa gaita e a súa voz, sobre unha base de arranxos contemporáneos, frescos e impactantes.
Na gravación, que se realizou tamén nos estudios de Enavíes Música, participaron colaboradores e invitados da talla de Rodrigo Romaní, Anxo Pintos, Harry Price, Pedro Lamas, O Caruncho, e un largo etcétera de músicos relacionados dun xeito ou outro ca música tradicional galega.
Susana subliñou que non produce este disco ca idea de facer negocio, senón co desexo de que a súa música poida estar ao alcance de todo o mundo. É por esto que o CD sairá ao mercado a un prezo de tan só 9,95 euros.
A presentación oficial ao público terá lugar no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira. Susana prepara un gran concerto no que se poderán escoitar en directo moitos dos temas deste novo traballo. Será máis de hora e media de música que a artista galega ofrecerá acompañada, ademais da súa banda habitual, dos convidados que participaron na gravación do disco.
Á pregunta de un periodista sobre os concertos deste verán, Susana comentou que, despois do Festival de Ortigueira continuará a súa xira por Galicia en Muros, Ponteareas, Narón, Bueu, Miño e Malpica entre outros. Tamén viaxará a Francia para ofrecer dous concertos no Festival Intercéltico de Lorient co gallo da celebración do ano de Galicia.
| |
|
| Susana edita o seu cuarto traballo no 10º aniversario do seu primeiro disco (28-05-2009) Durante o mes de xuño, Susana Seivane publicará o que será o seu cuarto traballo discográfico. Despois de ‘Susana Seivane’, ‘Alma de Buxo’ e ‘Mares de Tempo’, ‘Os soños que volven’, que así se vai chamar o novo disco, é unha homenaxe á música tradicional galega. Esta nova achega de Susana está chea de melodías pegadizas e acordes sorprendentes.
A súa paixón pola tradición, a súa longa experiencia de máis de 10 anos nos escenarios do mundo, e a súa propia inquietude artística, conducen agora a Susana á recreación dos temas que interpretaba na súa infancia. Vellos sons rescatados desde unha perspectiva actual que é froito da forza dos seus directos dos últimos anos.
Estas pezas ‘de toda a vida’, de engaiolante sinxeleza, son debuxadas, do xeito máis enxebre, pola gaita e a voz de Susana sobre un lenzo revestido de harmonías, ritmos e concepcións musicais contemporáneas e atrevidas. Unha nova cor xurde desta mestura que ven a demostrar que a música tradicional está viva, e casa á perfección cas tendencias e arranxos máis evolucionados.
| |
|
| Susana Seivane galardoada con Premio Xarmenta da lingua galega. (18-12-2008) A Asociación berciana “Xarmenta” concedeu, nesta a súa cuarta edición, o premio Xarmenta a Susana Seivane. pola súa labor na defensa e utilización do galego. Susana valora e comparte esta distinción con tódalas mulleres, en especial as bercianas, que son as principais artífices da transmisión do galego aos seus fillos.
O premio será entregado nunha gala que se celebrará no Teatro Bergidum de Ponferrada o vindeiro 15 de Xaneiro. Nela tamén actuará o grupo Aira da Pedra que comparte o mesmo premio, na categoría de Institución, ca banda de gaitas de Vilafranca. Tanto Susana e a súa banda como Aira da Pedra actuarán en dita gala na compaña do mago Richard e Anxo Rei.
| |
|
| As túas fotos antigas no novo disco de Susana Seivane. (20-11-2008) Durante o mes de xaneiro, Susana Seivane vai comezar a gravación do seu cuarto traballo discográfico. 'Os soños que volven', que así se vai titular, nace como unha homenaxe ás pezas ‘de toda a vida’ que Susana tocaba na súa infancia, e que agora recrea desde unha nova perspectiva revestidas con arranxos contemporáneos e atrevidos.
Se queres participar con Susana na creación da cuberta, podes enviarnos as túas fotos antigas que han servir de base para o deseño e serán imprimidas na portada e na contra portada. Poden ser de calquera temática, en branco e negro ou cor, pero que fosen sacadas antes dos anos 80.
Podes mandalas escaneadas a 300 ppp a info@susanaseivane.com ata fin de ano.
Esperamos a túa colaboración!!!
| |
|
Homenaxe a Xosé Manuel Seivane Rivas. (09-08-2008) O acto principal será o descubrimento dun busto e unha exposición retrospectiva sobre homenaxeado. A Asociación Recunchos de Ribeira de Piquín organiza, o sábado 9 de agosto de 2008, unha festa-homenaxe a Xosé Manuel Seivane Rivas no Chao de Pousadoiro, lugar onde tivo a afincado o seu obradoiro durante máis de 50 anos. Os actos comezarán ás 10:30 da mañá e sucederanse durante todo o día para rematar cun concerto de Susana Seivane, unha sesión de fogos de artificio e unha verbena. Celebrarase un xantar e unha cea para os que previamente deben retirarse invitacións nos teléfonos 653 720 232 ou 616 474 942. O pregón está ao cargo de Susana Seivane.
A familia Seivane quere agradecer de xeito público esta deferencia á Asociación Recunchos de Ribeira de Piquín e a todas as persoas e entidades que colaboran no evento.
| |
|
Susana 2008 (16-04-2008) Comeza a súa xira europea. Metidos xa de cheo no 2008, Susana Seivane ven de comezar a súa xira europea. Les Nuits Celt'Istres en Istres, Francia e o festival Trad-it en Holanda foron as súas dúas primeiras viaxes nas que acadou un grande éxito. En breve volverá a Francia para o Festival des Cultures de Montagne o cartel do cal podedes ver na foto. Europa segue querendo a Susana.
| |
|
Susana Seivane de novo en Sur América! (03-08-2007) Segue a trepidante xira 2007! O próximo día 6 de agosto, Susana Seivane e a súa banda voltarán cruzar o charco.
A cita será no mítico Teatro Avenida de Bós Aires, onde Susana e os seus músicos xa actuaran no 2003.
O motivo do concerto é a visita da Vicepresidenta do Goberno doña María Teresa Fernández de la Vega ó país.
Nada máis rematar o concerto, dirixiránse ó aeroporto para coller o último vóo da noite de regreso a casa, xa que o día 10 de Agosto a cita é na Praza de Galicia de Boiro, concerto enmarcado no programa "Vai de Camiño" que organiza o Xacobeo. Despois deste concerto, ó día seguinte pola mañá toca coller outro avión, esta vez para Crozón (Francia), onde Susana Seivane xunto coa Bagad de Kemper farán o seu espectáculo Sud ar Su no Festival du Bout du Monde.
Ó día seguinte, día 12 de agosto, voltarán ó Festival de la Danse Bretone et de la Saint Loup, en Guingamp (Francia) onde xa estivo coa súa banda colleitando moito éxitos de crítica e público levaron á organización a que a volveran a requerir neste festival tan só dous anos despois.
Seguimos en ruta!
| |
|
| Imaxes da Xira 2007 (08-07-2007) En plena Xira 2007 xa podemos ofrecer imaxes da nosa Susana no Festival Cantabria Infinita e na Xornada Europeísta celebrada no Pazo de Trasalba.
Continuamos de xira en Madrid, Arzúa, Carral e Santiago.
| |
|
| Continúa a xira de Susana Seivane! (17-07-2007) A próxima cita será o 19 de Xullo en Madrid, na Casa Galicia, festexando o día de Galicia en Madrid.
O día 20 vémonos en Arzúa onde compartirá noite có Colectivo de Música Tradicional Ruote, nun espectáculo enmarcado no programa do Xacobeo "Vai de Camiño".
Continuará a súa andaina o día 21 no bar "Sala the Star" en Carral, onde teremos a oportunidade de ver a unha Susana Seivane cun espectáculo moito máis familiar e intimista do que nos ten acostumados.
Non o podes perder!
E á cita que, sen dúbida, debes asistir é a que terá lugar o 25 de Xullo, será na Praza da Quintana, en Santiago de Compostela, dentro do Programa das Festas que organiza o Concello. Teremos ocasión de ver un dos soños cumplidos de Susana, xa que por motivos de traballo de anteriores anos, ésta será a primeira vez que a encantadora e máxica praza reciba o espectáculo desta artista que está colleitando excelentes críticas na súa xira 2007 ó longo de todos os países e festivais que ten visitado no que levamos de ano.
E finalizamos o mes de Xullo no mítico Festival Castillo de L’Aínsa, Huesca, onde 8 anos despois Susana Seivane volverá visitar este fermoso esceario.
Vémonos en ruta!
| |
|
| Susana Seivane cruza o charco de novo! (20-03-2007) Xa falta menos! En tan só unhas horas, Susana Seivane disporáse a continuar a súa xira 2007 cruzando o charco unha vez máis. Comezando o tour con grandes eloxios de prensa e público no Festival Celta de Vícar (Almería), seguido do Festival Internotes, en Cébazat (Francia) e hai uns días no Festival Les Irlandays en Juvisy sur Orge (Francia), desta volta visitará có seu espectáculo as cidades de Montevideo e Bós Aires os días 24 e 25 de marzo respectivamente. Os concertos están enmarcados no ciclo “Música Galega no Río da Prata”, organizado pola Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia. Para máis información sobre os lugares, invitacións, horarios, etc.: secretaria@xeitonovo.org.ar.
Se podes ir, non perdas este grande acontecemento, haberá moitas sorpresas!
| |
| Hemeroteca: 2005 · 2006 · 2007 · 2008 · 2009 · 2010
|
|