Castellano | English | Français
Susana Seivane Susana Seivane
Ir a tienda
Inicio > Noticias > DVD "Susana Seivane e amigos"
Compartir:

Xa á venda!

DVD "Susana Seivane e amigos"

Xa podedes adquirir aquí o novo DVD de Susana Seivane titulado "Susana Seivane e amigos", revive a maxia deste impresionante concerto, ofrecido na emblemática Praza de María Pita durante as festas da cidade da Coruña en agosto do 2012.

A mestra gaiteira ademáis da súa banda habitual estivo acompañada de convidados da talla de Rodrigo Romaní (Milladoiro), Anxo Pintos (Berrogüetto), Antón Davila (Celtas Cortos), Xoel López, Harry Price, e unha sección de metais integrada por Pedro Lamas, José Rodríguez e Ricardo Formoso. Coa colaboración especial da saga familiar Os Seivane: Álvaro e Xosé Manuel Seivane, Saínza e Irma Seivane e Brais Seivane, de tan só 4 anos.

20 artistas no escenario, máis de 2 horas de duración, máxima calidade artística, apoteose musical galega!

© 2018 Susana Seivane.