Castellano | English | Français
Susana Seivane Susana Seivane
Ir a tienda
Inicio > Noticias > Susana Seivane cruza o charco de novo!
Compartir:

Susana Seivane cruza o charco de novo!

Xa falta menos! En tan só unhas horas, Susana Seivane disporáse a continuar a súa xira 2007 cruzando o charco unha vez máis. Comezando o tour con grandes eloxios de prensa e público no Festival Celta de Vícar (Almería), seguido do Festival Internotes, en Cébazat (Francia) e hai uns días no Festival Les Irlandays en Juvisy sur Orge (Francia), desta volta visitará có seu espectáculo as cidades de Montevideo e Bós Aires os días 24 e 25 de marzo respectivamente. Os concertos están enmarcados no ciclo “Música Galega no Río da Prata”, organizado pola Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia. Para máis información sobre os lugares, invitacións, horarios, etc.: secretaria@xeitonovo.org.ar.
Se podes ir, non perdas este grande acontecemento, haberá moitas sorpresas!

© 2018 Susana Seivane.