Castellano | English | Français
Susana Seivane Susana Seivane
Ir a tienda
Inicio > Noticias > Susana Seivane de novo en Sur América!
Compartir:

Segue a trepidante xira 2007!

Susana Seivane de novo en Sur América!

O próximo día 6 de agosto, Susana Seivane e a súa banda voltarán cruzar o charco.

A cita será no mítico Teatro Avenida de Bós Aires, onde Susana e os seus músicos xa actuaran no 2003.

O motivo do concerto é a visita da Vicepresidenta do Goberno doña María Teresa Fernández de la Vega ó país.

Nada máis rematar o concerto, dirixiránse ó aeroporto para coller o último vóo da noite de regreso a casa, xa que o día 10 de Agosto a cita é na Praza de Galicia de Boiro, concerto enmarcado no programa "Vai de Camiño" que organiza o Xacobeo. Despois deste concerto, ó día seguinte pola mañá toca coller outro avión, esta vez para Crozón (Francia), onde Susana Seivane xunto coa Bagad de Kemper farán o seu espectáculo Sud ar Su no Festival du Bout du Monde.

Ó día seguinte, día 12 de agosto, voltarán ó Festival de la Danse Bretone et de la Saint Loup, en Guingamp (Francia) onde xa estivo coa súa banda colleitando moito éxitos de crítica e público levaron á organización a que a volveran a requerir neste festival tan só dous anos despois.

Seguimos en ruta!

© 2018 Susana Seivane.