Castellano | English | Français
Susana Seivane Susana Seivane
Ir a tienda
Inicio > Noticias > As túas fotos antigas no novo disco de Susana Seivane.
Compartir:

As túas fotos antigas no novo disco de Susana Seivane.

Durante o mes de xaneiro, Susana Seivane vai comezar a gravación do seu cuarto traballo discográfico. 'Os soños que volven', que así se vai titular, nace como unha homenaxe ás pezas ‘de toda a vida’ que Susana tocaba na súa infancia, e que agora recrea desde unha nova perspectiva revestidas con arranxos contemporáneos e atrevidos.

Se queres participar con Susana na creación da cuberta, podes enviarnos as túas fotos antigas que han servir de base para o deseño e serán imprimidas na portada e na contra portada. Poden ser de calquera temática, en branco e negro ou cor, pero que fosen sacadas antes dos anos 80.

Podes mandalas escaneadas a 300 ppp a info@susanaseivane.com ata fin de ano.

Esperamos a túa colaboración!!!

© 2018 Susana Seivane.