Castellano | English | Français
Susana Seivane Susana Seivane
Ir a tienda
Inicio > Noticias > Susana Seivane celebra o Nadal apoiando as boas causas
Compartir:

Susana Seivane a carón das iniciativas por un mundo mellor

Susana Seivane celebra o Nadal apoiando as boas causas


Este venres 3 de novembro, ás 12:00, Susana Seivane actuará no acto inaugural do Foro Mundial de Educación para a Paz, que se desenvolverá no paraninfo da USC. O Foro 2010 é un gran contedor de eventos e actividades a nivel mundial que xiran ao redor da Cultura da Paz, celébrase en Santiago de Compostela do 3 ao 30 de decembro.

O venres 10 de decembro, ás 20:00, Susana Seivane estará na IV Gala Solidaria de “Tierra de Hombres”, no auditorio da Fundación Caixa Galicia, no Cantón Grande da Coruña. Esta fundación promove o desenrolo da infancia, defendendo os seus dereitos, sen discriminación algunha de orden político, racial, confesional ou de xénero.

E o xoves, 16 de decembro no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, ás 20:30 Susana Seivane actuará no concerto benéfico que organiza a Institución Padre Rubinos a favor de persoas sen recursos.

Igual que Susana, apoiemos estas iniciativas!

© 2018 Susana Seivane.