Castellano | English | Français
Susana Seivane Susana Seivane
Ir a tienda
Inicio > Noticias > Comeza a xira estival de Susana Seivane!
Compartir:

Concertos en Bélxica, Francia e Galicia!

Comeza a xira estival de Susana Seivane!

A xira estival da querida gaiteira arranca en Bélxica o día 8 de xullo, será no magnífico Gooikoorts Festival.

Como ven sendo habitual, días despois estará en Francia onde sempre recibe unha calurosa acollida.

Tocará no prestixioso Festival de Château d´Ars o día 13 de xullo, dentro da 35 edición dos Encontros Internacionais de Luthiers e Mestres Sonoros, que se celebra en Saint Chartier. E dous días despois actuará no fantástico Festival Kann Al Loar de Landerneau, será o día 15 de xullo.

No mes de xullo os concertos de Susana continúan por Galicia, así o día 24 estará un ano máis na Festa da Fraga das Pontes. Susana Seivane está en ruta, goza da súa música!

© 2018 Susana Seivane.