Castellano | English | Français
Susana Seivane Susana Seivane
Ir a tienda
Inicio > Noticias > O mes de agosto cheo de concertos!
Compartir:

Susana Seivane en Ribadeo, Zamora, A Coruña, Baiona e Gondomar!

O mes de agosto cheo de concertos!

As próximas citas coa gaiteira feiticeira neste mes de agosto arrancan en Ribadeo, onde Susana terá a honra de asistir á celebración do 50 aniversario da Asociación de Amigos da Gaita Galega. Será o 4 de agosto a partir das 20:00 no día da Gaita e Romería a Santa Cruz. A gaiteira dará o pregón da festa e pola noite a súa maxia estará máis presente que nunca…


Dous días máis tarde, o 6 de agosto, ás 22:30 estará en Lubián, Zamora. A seguinte cita é María Pita, onde co seu gran espectáculo “Susana Seivane máis amigos” atrapará o corazón da cidade herculina o mércores 8 de agosto, a partir das 22:00 da noite.

Ao día seguinte, o día 9 ás 23:00, estará na fermosa localidade de Baiona e o día 11 en Gondomar dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios da Agadic, será na Praza da Alameda, co seu novo espectáculo “Esencias”, a partir das 23:30.

Acompañádea e quedaredes presos do seu encanto!

© 2024 Susana Seivane.