Castellano | English | Français
Susana Seivane Susana Seivane
Ir a tienda
Inicio > Noticias > Susana Seivane cos Airiños de Fene, A Roda e o Luar
Compartir:

Na XXIV Xuntanza de Gaiteiros. Na homenaxe a Fito Domínguez. Na TVG

Susana Seivane cos Airiños de Fene, A Roda e o Luar

En outubro Susana Seivane estará na XXIV Xuntanza de Gaiteiros, organizada por Airiños de Fene, que estará centrada na celebración do XXV aniversario da banda e que este ano renderá homenaxe a Miguel Doval e Chus Niebla. Serán moitos os amigos que os acompañen o sábado 6, ás 19:30 na S.C.R.D. Agarimo de Sillobre en Fene.

O sábado seguinte día 13, Susana asistirá a homenaxe a Fito Domínguez, cantante e fundador da Roda, que faleceu o pasado mes de setembro, será no auditorio Mar de Vigo. Numerosos compañeiros de profesión, entre os que se encontrá Susana Seivane, rendirán esta sentida homenaxe ao ilustre músico.

Tamén ese fin de semana poderedes vela moi ben acompañada no programa Luar da televisión de Galicia.

© 2024 Susana Seivane.