Castellano | English | Français
Susana Seivane Susana Seivane
Ir a tienda
Inicio > Noticias > Susana Seivane non para!
Compartir:

Concertos no mes de agosto: Portugal, Francia, Bélxica e Galicia!

Susana Seivane non para!

O sábado 3 de agosto a nosa gaiteira feiticeira viaxa a Portugal, ao Festival Intercéltico de Sendim, no corazón das terras de Miranda, a súa actuación está prevista para as 23:30.

Ao día seguinte voltará a Galicia, cara o Festival de Pardiñas, en Guitiriz, que celebra a súa XXXIV edición e onde actuará ás 22:00.

O día 15 a gaiteira viaxa a Francia para actuar no Festival Filet Bleus de Concarneau, será o día 16 de agosto, ás 21:00.

E o día 17 viaxa a Bélxica, cara o Deerlycke Folk Festival, que xa vai pola súa XVI edición, actuará a partir das 18:00.

Seguídea en ruta! Non vola podedes perder!

© 2018 Susana Seivane.