Castellano | English | Français
Susana Seivane Susana Seivane
Ir a tienda
Inicio > Noticias > Susana Seivane na I Gala Benéfica contra o Cancro en Ourense
Compartir:

E na Gala da Cadena Ser en Santiago

Susana Seivane na I Gala Benéfica contra o Cancro en Ourense


Hoxe xoves, ás 20:00, no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, celébrase a “Gala 80 aniversario de Radio Galicia Cadena Ser Premios Serenidade” onde a gaiteira Susana Seivane subirá ao escenario a tocar unhas pezas.

E este sábado día 21, ás 20:30, empeza a I Gala Benéfica contra o Cancro no Auditorio Municipal de Ourense, onde actuará a gaiteira xunto con outros artistas invitados. Esta iniciativa organizada pola Asociación Cultural As Canellas e a produtora Claqueta Coqueta, doará a recadación das entradas á "Asociación Española contra el Cáncer".

O prezo da entrada son 5 euros na venta anticipada na sede da Asociación do Cancro e 8 euros na taquilla, ademáis da fila cero, para os que queiran colaborar sen asistir á gala.

Susana Seivane celebra o Nadal apoiando unha boa causa.

© 2018 Susana Seivane.