Castellano | English | Français
Susana Seivane Susana Seivane
Ir a tienda
Inicio > Noticias > Arranca a xira de Susana Seivane!
Compartir:

Concertos en xullo: Vimianzo, Santiago, Baiona e Moaña

Arranca a xira de Susana Seivane!

A gaiteira feiticeira está inmersa na preparación da xira deste verán, que arranca o 5 de xullo co concerto no Asalto ao Castelo, en Vimianzo.

Onde tamén están programados outros talentosos artistas, entre eles Kepa Junkera, co que Susana colaborou no seu último disco. Tampouco podedes perder a representación da revolta irmandiña, todo un espectáculo!

O 20 de xullo, a gaiteira estará na praza da Quintana, en Santiago de Compostela, celebrando o Día do Traxe Galego, dentro do programa das festas do Apóstolo Santiago. É todo un privilexio celebrar as festas do patrón dos galegos dende o escenario da capital compostelana.

O día 25 Susana Seivane estará en Baiona. E o día 26, no Festival Intercéltico do Morrazo, en Moaña, unha cita ineludible coa música folk.

Vémonos no escenario!


Fotógrafo Jabicho Lemos

© 2018 Susana Seivane.