Castellano | English | Français
Susana Seivane Susana Seivane
Ir a tienda
Inicio > Noticias > Continúa a xira galega da gaiteira Susana Seivane!
Compartir:

Datas Agosto: A Revista da TVG, Vieira de Honor, Pregoeira de Cambre e Irmandiño de Moeche

Continúa a xira galega da gaiteira Susana Seivane!


O sábado 2 de agosto, Susana estará no plató do programa A Revista, da Televisión de Galicia, falando dos seus próximos proxectos, poderedes vela en directo antes da 13:00.

Ademáis, a meiga da gaita terá a honra de recibir en Santiago, o día 6 de agosto, no Hotel Monumento San Francisco, a Vieira de Honor á Calidade Artística. A Enxebre Orde da Vieira outorga esta distinción cada ano a un profesional ou grupo galego, que destaque especialmente na música, arte ou espectáculo.

O 14 de agosto, ás 24:00, Susana Seivane será a progoeira oficial das festas de Santa María de Cambre, o concello onde reside, por ser un símbolo da cultura galega e levar o nome do municipio por todo o mundo.

E o día 23 de agosto, Susana Seivane actuará na XXXV Edición do Festival Irmandiño de Moeche. O seu concerto, será despois do asalto ao castelo. É para a gaiteira un inmenso pracer volver a este histórico festival.

Sígue a Susana Seivane en ruta!


© 2018 Susana Seivane.